Taller de xoiaría artesanal
Deseño, fabricación artesanal e reparación de xoias
Saber mais...
Xoias únicas e personalizadas
A singularidade do traballo artesán que lle confire á peza o seu carácter único
Saber mais...
Diferénciate!
Xoias únicas para persoas únicas
Saber mais...
Previous
Next

O artesán

Hilario Rubal García conta cunha dilatada experiencia profesional no sector da xoiaría artesanal, avalada pola súa titulación en formación industrial de xoieiro e a realización de cursos relacionados con diversas técnicas e materiais utilizados neste tipo de xoiaría.

O seu maior aval constitúeo a experiencia adquirida durante máis de 30 anos e o esmero e adicación co que desenvolve este proxecto profesional.

Parte da súa creación está caracterizada pola innovación baseada na introducción de novos materiais nos seus deseños, combinando materiais nobres con outros menos convencionais como poden ser as cunchas, lousa, madeira…, co fin de lograr pezas únicas e orixinais.

Xeralmente os seus deseños non parten dun debuxo ou boceto, senón que nacen dun sentimento, unha idea, unha forma que calquera elemento pode provocarlle nun momento determinado.

A súa creación é arbitraria, pero o seu selo persoal está impreso en todas e cada unha das pezas que elabora.

Carta de Artesán nº 2107

O taller

Crisol nace no ano 2001 como un pequeno taller artesanal adicado á elaboración de xoias de ouro e prata. Crisol distínguese por crear xoias exclusivas , unha xoia diferente, orixinal e de calidade feita integramente a man.

O taller de xoiaría Crisol está inscrito co número 398 no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

O taller

Crisol nace no ano 2001 como un pequeno taller artesanal adicado á elaboración de xoias de ouro e prata. Crisol distínguese por crear xoias exclusivas , unha xoia diferente, orixinal e de calidade feita integramente a man.

O taller de xoiaría Crisol está inscrito co número 398 no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Xoias únicas e personalizadas

En Crisol todo o proceso de fabricación é 100% artesanal.

O que fai unha xoia “única” son as mans do artesán que a fabrica porque ningunha será igual a outra .

nobreza dos materiais é moi importante, o deseño é moi importante, pero realmente a pegada que se deixa en cada un deles é a da pericia e experiencia do xoieiro que o crea . Esa é a singularidade do traballo artesanal e o que lle confire a unha peza o seu carácter único .